EMILIO RÚA

Ver más

SILVIA PENIDE

Ver más

DAVID S.

Ver más

NELSON Q.

Ver más

NAJLA SHAMI

Ver más

11:00h Taller: A creación, voz e emoción

Trátase dun encontro moi especial no que Emilio Rúa ademáis de contarnos as súas vivencias personais ao carón de Pablo Milanés, Rozalén, Soledad Jiménez, Víctor Manuel ou Rosa Cedrón, nos iniciará na técnica vocal e compositiva centrada na emoción.

Inscribirme

17:30h Concerto Emilio Rúa

Adicado a música dende os sete anos, comezou a súa carreira profesional no grupo musical Concorde Atenea. Conta con dous importantes premios estatais de cantautores en galego: Cantigas de Maio e Novos Cantautores de Elxe. Presentará o seu novo disco "Duetos", gravado a dúo con Pablo Milanés, Rozalén e Víctor Manuel.

11:00h Taller: A inspiración e o marketing, xuntiños e revoltos

Silvia Penide falará sobre a importancia das redes sociais á hora de botar a andar un proxecto artístico e as labores de "despacho" invisibles. Tamén conversará sobre o proceso de inspiración.

Inscribirme

17:30h Concerto Silvia Penide

Autora e intérprete de pop acústico, conta con seis traballos discográficos. Comezou a tocar a guitarra con 14 anos, e de seguido comezou a compoñer. As súas cancións, moi directas e cunha gran conexión, empezan a ver a luz no seu primeiro LP "Quilómetros" (2002), seguen madurando en "Invisible" (2005) e "Desafinante Crónica" (2007).

11:00h Taller: Do sentimento á canción

David Sinespinas ofrecerá un laboratorio de composición musical no que, dende unha perspectiva personal trazará o camiño que hai dende unha vivencia, un sentimento, ata que esta cobra vida en forma de canción. Un encontro cercano, emocionate e no que nos axudará no difícil reto de compor a nosa propia canción.

Inscribirme

17:30h Concerto David Sinespinas

Presenta o seu primeiro traballo discográfico "Sinespinas", 11 temas con base acústca e un estilo intimista. Con poesía e música cóntanos as súas vivencias, a súa infancia e introdúcenos nos recunchos do amor. Amor, alegría, sentimentos e recordos.

11:00h Taller: Polifonías con pedal de loop

Nelson Quinteiro ofrecerá un obradoiro moi participativo sobre as novas posibilidades tecnolóxicas que ofrecen pedais loop station como o RC20 ou RC50, así como Stereo Delay ou Equalizer, todos eles de Boss, á hora de crear polifonías ou efectos vocais en directo.

Inscribirme

17:30h Concerto Nelson Quinteiro

Dinamizador e axitador cultural, leva no mundo da música e do teatro dende moi novo, creando propostas de danza, música e teatro. No ano 2012 leva adiante a co-producción "Gharbo!" con Centro Coreográfico Galego. Actualmente prepara o seu segundo asalto discográfico "Músicas de Domingo" da man de Brais González (Caspervek), que o acompañará.

11:00h Taller: Terapéuticas da voz

Coñecemento da propia voz, o seu timbre e cualidades. Cales son os meus puntos vocais fortes e débiles? Procesos psicolóxicos que afectan a voz, análise e comprensión. Aprendizaxe de hábitos sans. Coñezámonos! Recuperación da voz en lesións por fala ou canto. Que podo facer día a día para resolver certos problemas? Entrenamento vocal, estilo e improvisación.

Inscribirme

17:30h Concerto Najla Shami

Cantautora e compositora galega, nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina. A súa linguaxe axunta moita influencias, achegando sonoridades de Portugal, Brasil e África que mestura coas súas raíces e co jazz.

No te quedes sin saber las últimas novedades

Suscríbete a nuestra newsletter









De conformidad con lo que establece la legislación vigente en materia de Protección de Datos de Carácter Personal, se le informa que los datos personales que nos facilite a través de dicho formulario serán tratados por VIVEROS O PIÑEIRO SL, con la finalidad de gestionar su solicitud y enviarle información más detallada. Para más información consultar la política de privacidad.


Responsable del tratamiento de los datos: Viveros O Piñeiro, S.L. Finalidad de los datos: Comunicaciones comerciales. Legitimación: Consentimiento del interesado. Destinatarios de los datos: MailChimpSendingBlue y mantendremos una copia en nuestra base de datos con fin de justificación. Derechos del usuario sobre sus datos: Acceso, Rectificación, Cancelación, Oposición, Olvido y Portabilidad de los datos..