11:00h Taller: A creación, voz e emoción
Trátase dun encontro moi especial no que Emilio Rúa ademáis de contarnos as súas vivencias personais ao carón de Pablo Milanés, Rozalén, Soledad Jiménez, Víctor Manuel ou Rosa Cedrón, nos iniciará na técnica vocal e compositiva centrada na emoción.17:30h Concerto Emilio Rúa
Adicado a música dende os sete anos, comezou a súa carreira profesional no grupo musical Concorde Atenea. Conta con dous importantes premios estatais de cantautores en galego: Cantigas de Maio e Novos Cantautores de Elxe. Presentará o seu novo disco "Duetos", gravado a dúo con Pablo Milanés, Rozalén e Víctor Manuel.
11:00h Taller: A inspiración e o marketing, xuntiños e revoltos
Silvia Penide falará sobre a importancia das redes sociais á hora de botar a andar un proxecto artístico e as labores de "despacho" invisibles. Tamén conversará sobre o proceso de inspiración.
17:30h Concerto Silvia Penide
Autora e intérprete de pop acústico, conta con seis traballos discográficos. Comezou a tocar a guitarra con 14 anos, e de seguido comezou a compoñer. As súas cancións, moi directas e cunha gran conexión, empezan a ver a luz no seu primeiro LP "Quilómetros" (2002), seguen madurando en "Invisible" (2005) e "Desafinante Crónica" (2007).
11:00h Taller: Do sentimento á canción
David Sinespinas ofrecerá un laboratorio de composición musical no que, dende unha perspectiva personal trazará o camiño que hai dende unha vivencia, un sentimento, ata que esta cobra vida en forma de canción. Un encontro cercano, emocionate e no que nos axudará no difícil reto de compor a nosa propia canción.
17:30h Concerto David Sinespinas
Presenta o seu primeiro traballo discográfico "Sinespinas", 11 temas con base acústca e un estilo intimista. Con poesía e música cóntanos as súas vivencias, a súa infancia e introdúcenos nos recunchos do amor. Amor, alegría, sentimentos e recordos.
11:00h Taller: Polifonías con pedal de loop
Nelson Quinteiro ofrecerá un obradoiro moi participativo sobre as novas posibilidades tecnolóxicas que ofrecen pedais loop station como o RC20 ou RC50, así como Stereo Delay ou Equalizer, todos eles de Boss, á hora de crear polifonías ou efectos vocais en directo.
17:30h Concerto Nelson Quinteiro
Dinamizador e axitador cultural, leva no mundo da música e do teatro dende moi novo, creando propostas de danza, música e teatro. No ano 2012 leva adiante a co-producción "Gharbo!" con Centro Coreográfico Galego. Actualmente prepara o seu segundo asalto discográfico "Músicas de Domingo" da man de Brais González (Caspervek), que o acompañará.
11:00h Taller: Terapéuticas da voz
Coñecemento da propia voz, o seu timbre e cualidades. Cales son os meus puntos vocais fortes e débiles? Procesos psicolóxicos que afectan a voz, análise e comprensión. Aprendizaxe de hábitos sans. Coñezámonos! Recuperación da voz en lesións por fala ou canto. Que podo facer día a día para resolver certos problemas? Entrenamento vocal, estilo e improvisación.
17:30h Concerto Najla Shami
Cantautora e compositora galega, nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina. A súa linguaxe axunta moita influencias, achegando sonoridades de Portugal, Brasil e África que mestura coas súas raíces e co jazz.
No te quedes sin saber las últimas novedades
Suscríbete a nuestra newsletter

Unha festa participativa e aberta na que che invitamos a vir cantar nunha proposta de vibración conxunta!!!
O máis recente espectáculo infantil da Compañía Nelson Quinteiro, unha colorida e divertida proposta con contos, cantigas, música ao vivo co acordeonista David Álvarez Caneda e escenografía da man do pintor Leandro Lamas. Máis alá das Illas Cíes. Máis alá de Sálvora, de San Vicente, das Sisargas, da Marola ou das Illas Ons existe unha grande pedra no océano que todas e todos coñecen como A Illa do Cón. Os habitantes desta Illa teñen todos dous cousas en común. Adícanse á música e mais ás tarefas do mar.
Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd Brinca Vai!, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.
A actriz palentina Erica González Miguel, coa súa Compañía “O Titiribaile” ofrécenos un particular xeito de narrar contos de todos os tempos dun xeito moi interactivo e orixinal, e que fai as delicias dos cativos.